




UNA OPCIÓN SEGURA…
¡¡INFÓRMATE!!
¿TE LA VAS A PERDER?
¡¡INFÓRMATE!!
NOTICIAS
AXENDA
Cando a enxeñería se converte en imaxe!
Tras a celebración da entrega de premios do IV Concurso de Fotografía "Enxeñaría Industrial na Sociedade", convocado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o vindeiro xoves 30 de abril, a partir das 12:30 horas, terá lugar no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus, a inauguración da exposición das fotografías finalistas e gañadoras.
A exposición podrá visitarse ata o 15 de maio.
Este certame pretende pór en valor a conexión entre enxeñaría, sociedade e creatividade e busca achegar a enxeñaría industrial á cidadanía, amosando o seu impacto en ámbitos como a enerxía, a industria, a innovación e a sustentabilidade.
Engloba todas aquelas imaxes que representan a enxeñaría industrial, a súa estética, o seu espírito e a súa importancia na nosa sociedade.
Animámosvos a acompañarnos nesta presentación e a visitar a exposición para descubrir, a través de cada imaxe, unha nova forma de entender a enxeñaría industrial.
Queres participar nun proxecto real de intelixencia artificial este verán?
O vindeiro xoves 23 de abril, a partir das 17:00 horas, terá lugar no Paraninfo da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Cidade, a presentación das Bolsas de Verán 2026 de Anfaia.
Este programa está dirixido a estudantes universitarios e de Formación Profesional con interese na intelixencia artificial, a programación e o desenvolvemento de proxectos open source, e ten como obxectivo impulsar iniciativas innovadoras que integren a IA en diferentes ámbitos da sociedade, cun enfoque ético e responsable.
Durante a sesión explicarase o funcionamento do programa, os tipos de proxectos que se desenvolven e o modelo de mentoría ao longo do verán. Ademais, haberá un espazo para resolver dúbidas sobre o proceso de solicitude.
Se che interesa a intelixencia artificial, non deixes pasar esta oportunidade e inscríbete no seguinte formulario para asistir á presentación!
Celebra con nós o próximo RobotFriday!

O vindeiro venres 17 de abril terá lugar a 9ª edición da Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:45 horas.
Queremos que sexa unha xornada na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comunidade, unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos, na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.
Unha oportunidade para pór a proba todo o voso talento e creatividade, aprender e mellorar as vosas habilidades en robótica dunha maneira divertida, vivindo unha experiencia inesquecible.
Esperámosvos o 17 de abril no RobotFriday da EEI!
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.
Impartida por Rubén Rodríguez, Head of Electric/Hybrid Powertrain Area en CTAG.
A electrificación do automóbil enfróntase a grandes incertezas que poden resultar moi importantes cara ao cumprimentos dos obxectivos da axenda 2035. Os desafíos técnicos están facendo que os fabricantes europeos estean a reconsiderar as súas estratexias de transición. Ante este escenario, aínda que a meta final da UE segue centrada no coche eléctrico, o debate sobre solucións máis flexibles segue aberto e parece que colle máis forza un enfoque que pasa por alternativas híbridas.
Neste escenario, son moitos os interrogantes aos que se teñen que dar resposta dunha maneira eficiente, sostible e fiable. O equipo de Fórmula Student UVigo Motorsport vén traballando arreo no desenvolvemento do novo monopraza e son moitos os retos aos que ten que dar resposta. Estamos ante unha competición que está a esixir aos equipos a introdución de importantes innovacións, pero dentro dun marco no que tamén hai moitas limitacións.
Por esta razón, este mércores 25 de marzo, a partir das 12:00 horas, terá lugar no Salón de Actos da EEI – Sede Campus a conferencia “O futuro é híbrido”.
Trátase dunha sesión técnica na que se abordarán aspectos relativos a arquitectura, os desafíos da integración e o rendemento do novo sistema híbrido aplicado ao deseño do monopraza de UVigo Motorsport, equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.
Convidámosvos a asistir e a coñecer máis de preto o apaixonante mundo da Fórmula Student e tamén aqueles outros aspectos que nos poden afectar nos próximos anos e que poden cambiar a maneira de entender a mobilidade.
CINTECX e AIMEN seguen a impulsar referentes femininos en ciencias e tecnoloxía.
Unha iniciativa que busca visibilizar referentes femininos, romper estereotipos e animar ás rapazas a explorar carreras STEM.
A exposición, que tamén pode consultarse en liña a través da web de CINTECX e da canle de Youtube de AIMEN, poderá visitarse de forma presencial do 24 ao 27 de marzo no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Cidade da Universidade de Vigo.
A inauguración terá lugar o martes 24 de marzo ás 12:00 horas no hall da EEI – Sede Cidade e estará aberta a todo o público. Durante o acto, dúas das protagonistas compartirán a súa experiencia coas persoas asistentes.
A presentación da exposición será un evento de carácter aberto e gratuíto, dirixido a todas as persoas interesadas que desexen asistir. Animamos ao persoal investigador e ao alumnado da EEI a asistir e coñecer de preto a experiencia de mulleres investigadoras e o seu papel no ámbito científico, tecnolóxico e industrial.
A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro mércores 18 de marzo o acto académico con motivo da festividade do seu patrón, unha das citas institucionais máis destacadas do curso na nosa Escola.
O acto dará comezo ás 12:00 horas. Prégase as persoas asistentes estar presentes ás 11:30 horas para facer a recepción previa.
Ao rematar, celebrarase un xantar de confraternidade no hotel NH Collection.
Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario formalizar a inscrición antes das 23:59 horas do 9 de marzo a través do QR ou do seguinte formulario:
https://forms.gle/8XQLtfYwKmGydY976

Consulta o programa completo do acto académico do patrón da EEI.
Coñece como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental.
Xornada organizada en colaboración con Beckhoff. Terá lugar no Salón de Actos e o Hall da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
Descobre en HYGIENIC TechDays como a innovación e o deseño hixiénico transforman a industria e o teu futuro profesional.
Os HYGIENIC TechDays son un espazo de aprendizaxe e actualización pensado para quen quere prepararse para os retos reais da industria.
Se estás a estudar enxeñería, tecnoloxía, automatización, mecatrónica ou carreiras afíns, estas xornadas permitiranche coñecer como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental, como a industria alimentaria, farmacéutica ou cosmética.
Durante o evento poderás descubrir como están a transformar a industria e xerando novas oportunidades profesionais as tecnoloxías máis avanzadas en:
- Deseño hixiénico.
- Automatización industrial.
- Robótica.
- Movimiento lineal.
- Accionamentos.
- Sistemas de transporte intelixente.
Os HYGIENIC TechDays non só mostran tecnoloxía, senón que che axudan a entender como aplicar estes coñecementos en contornas reais, que perfís son máis demandados e que competencias marcarán a diferenza no teu futuro profesional.
Unha oportunidade para conectar os coñecementos adquiridos nas aulas co que está a ocorrer agora mesmo na industria.
Más información e inscrición no seguinte Formulario de Inscripción - Hygienic TechDays
O programa previsto é o seguinte:
- 17:00h: Apertura de jornada.
- 17:10–17:30h: Stäubli Robotics – Automatización Procesos Produtivos.
- 17:30–17:50h: Wittenstein – O accionamento ideal para cada aplicación.
- 17:50–18:10h: COVAL – Manipulación hixiénica por vacío.
- 18:10–18:30h: HepcoMotion – Movemento Lineal: Industria Alimentaria.
- 18:30–18:50h: Beckhoff – Deseño hixiénico en sistemas de automatización e transporte intelixente.
- 18:50-19:30: Peche e Visita Stands.



















